
Hoxe, 26 de setembro, quero unirme ao Consello de Europa para festexar o
Día Europeo das Linguas, e para manifestar os meus desexos de que se promova a diversidade lingüística de Europa e se fomente o plurilingüismo entre a cidadanía. En 2001 tivo lugar, por primeira vez, a celebración deste día. Animo á cidadanía galega e ao meu alumnado a celebrar a riqueza cultural que nos proporciona o galego!
Un ano máis, desde que se instaurou esta celebración en 2001, os 47 estados que compoñen o Consello de Europa empurran a cidadanía europea a festexar esta riqueza cultural e a participar nalgún dos moitos
eventos que se celebran con este motivo.
Europa defende a diversidade lingüística. O galego forma parte desta diversidade lingüística xa que dispón do
status de lingua propia de Galicia.