Coa finalidade de
achegarvos un recurso útil, déixovos aquí unha recomendación para que vos
animedes a coñecer e a usar os correctores ortográficos durante o curso e, de
xeito xeral, no voso traballo cotián a partir de agora.
Para que usedes este
recurso de maneira axeitada entrade na seguinte ligazón e consultade este
material do Servizo de Normalización
Lingüística da USC:
http://www.usc.es/gl/servizos/snl/asesoramento/recursos/correctores.html
Lingüística da USC:
http://www.usc.es/gl/servizos/snl/asesoramento/recursos/correctores.html
Está todo
moi clariño: a configuración e as descargas na parte central da páxina e, sobre
todo, o titorial que aparece na parte superior dereita (hai que premer en "Como
funciona un corrector ortográfico").



Para coñecer outras ferramentas dispoñibles en galego podedes visitar a páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Alí atoparedes dicionarios en rede, tradutores automáticos, servizos para galeguizar o móbil...



Para coñecer outras ferramentas dispoñibles en galego podedes visitar a páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Alí atoparedes dicionarios en rede, tradutores automáticos, servizos para galeguizar o móbil... O próximo 19.05.2013 terá lugar a xornada Letras Galegas e internet, que organiza a Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e coa Secretaría Xeral de Medios.
Esta xornada podedes vela por internet en directo, de 10.30 h a 13.30 h, en www.cmg.xunta.es/emision/directo/directo.htm
Agardo que a información que vou publicando sexa da vosa utilidade e anímovos a que redactedes, de cando en vez, algún comentario en relación coas miñas publicacións. Aínda non vos estreastes así que... veña!!! Dádelle!
Esta bitácora tamén é vosa e de calquera persoa interesada pola linguaxe administrativa.



