mércores, 17 de abril de 2013

O bUSCatermos tamén dispoñible para dispositivos móbiles iPhone e iPad

Hoxe presentouse unha nova aplicación que permite consultar o bUSCatermos: esta base de datos de terminoloxía técnica multilingüe da USC pódese consultar a través de dispositivos móbiles de Apple. A nova app presentouse ante os medios de comunicación hoxe 17.04.2013. Deste xeito, os terminais iPhone e iPad van ser os primeiros beneficiarios desta aplicación que permite acceder a este recurso lexicográfico. Parabéns por esta aplicación!
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario