luns, 8 de abril de 2013

Plan de software libre de 2013

AndroidNa nosa historia recente xa case non lembramos aqueles aparatosos móbiles de hai uns anos. Hoxe en día os sistemas operativos cos que funcionan os nosos móbiles posúen unha grande importancia.  Android acada unha enorme cota do mercado nos Estados Unidos e tamén na nosa comunidade. En só dous anos (de 2011 a 2013) pasou a ser o sistema operativo de móbiles máis empregado no mundo.

Este sistema operativo de Google ten unha cota de mercado de nada menos que o 75% do mercado mundial (cando en 2011 roldaba o 60%). É dicir, que non  hai quen lles tusa! Un crecemento abraiante que, se cadra, ata sorprendeu o propio Google.

Neste sentido, creo que é unha iniciativa normalizadora moi salientable a solicitude que a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) da Xunta lle realizará a Google para que traduza ao galego o sistema operativo Android.

Ademais, hoxe tamén se publica nas novas da Xunta que a finais de 2013 se coñecerá o resultado da análise exhaustiva que se está a realizar sobre a viabilidade da migración a software libre dos ordenadores dos empregados da Administración xeral.



Ningún comentario:

Publicar un comentario