domingo, 7 de abril de 2013

A convocatoria dos cursos de linguaxe de 2013

Podedes consultar a Resolución do 06.03.2013, pola que se convocan, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, os cursos de linguaxe administrativa para o persoal da Administración autonómica de Galicia. Esta resolución publicouse no DOG núm. 49 do 11.03.2013.

Aconséllovos que a leades devagar para saber cantos cursos de linguaxe se convocaron este ano, os requisitos dos participantes, os criterios de selección, o contido e a avaliación dos cursos, a normativa que lles afecta e mais o camiño que haberá que seguir para resolver incidencias.

Interésavos o apartado "Sexto" en que se describe a duración dos cursos: 60 horas lectivas e 15 horas de titoría presencial (ás que poderedes asistir de xeito voluntario para esclarecer dúbidas relacionadas co traballo individual e obrigatorio que teredes que presentar ao remate do curso).

Ningún comentario:

Publicar un comentario