linguas, hibrididade, cambio: contextos, procesos e consecuencias. Esta obra foi coeditada co Instituto da Lingua Galega e aborda a relación do galego coas outras linguas do seu contorno.
Na presentación estiveron presentes Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, Ernesto González Seoane, director do Instituto da Lingua Galega e dous dos editores do libro: Henrique Monteagudo e Gabriel Rei Doval.
Henrique Monteaguro destacou a fortaleza do galego na convivencia con outras linguas: é certo que o castelán inflúe sobre o galego, pero tamén o galego inflúe sobre o castelán. Os editores afirmaron ademais que na situación lingüística actual de Galicia cómpre ter presente o contacto entre o galego e o castelán.O libro pertence a unha colección de dez volumes e nel diferentes especialistas analizan fenómenos como o purismo lingüístico, o neofalantismo, o castrapo... Este volume recolle as achegas que se fixeran ao Simposio ILG 2010. Entre os redactores do volume destaca a presenza de Eva Gugenberger, María Álvarez de la Granja, Belén López Meirama, Dante Lucchesi, Marta Negro Romero, Xosé A. Álvarez Pérez, Fernando Ramallo, Gabriel Rei-Doval, Francisco Dubert, Eva Fernández...
Se queres podes descargar o libro na mediateca do Consello da Cultura Galega. Preme aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario